ÍNDICE
Prefacio
Exmo. Sr. Dr. Celso Currás, Conselleiro de Educación e
Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia. 5
Dedicatoria a Paulo Freire, maestro para siempre 7
Abecedario de la creatividad 11
Elogio de la imaginación creadora 17
Iª Parte: LA CREATIVIDAD, MOTOR PARA EL
CAMBIO ESENCIAL DE LA EDUCACIÓN
Cap. I. La creatividad, para dar un sentido de genuina
plenitud a la vida y la educación 23
Cap. II. Enseñanza y aprendizaje significativos 35
Cap. III. Enseñanza y aprendizaje constructivo-comprensivos53
Cap. IV. Enseñanza y aprendizaje (E/A) creativo-inventivos 65
Cap. V. El currículum creativo.La creatividad en los nuevos
diseños curriculares: una estrategia imprescindible para la
reforma sustancial de la educación 89
Cap. VI. Evaluación creativa. 115
Cap. VII. Aprender a ser creativo: la formación profunda y
lenta en creatividad y expresión total, el largo camino hacia
la maestría creativa. En homenaje a mi Maestro Ricardo
Marín. 123
IIª Parte: EDUCREA: EDUCACIÓN CREATIVA
PARA TODOS
Cap. VIII. Educrea(te) o educastra(te) 145
Cap. IX. El lenguaje creativo total clave para educrear(te)
frente a una escuela de la escucha y el silencio 163
Cap. X. Nuevos métodos creativos para educrear(te): una
visión global 169
Cap. XI. Creatividad literaria: 10 recomendaciones para
potenciar la creatividad verbal en la lengua y la literatura;
recreándose en/con las palabras 215
Cap. XII. Creatividad científica:enseñanza y aprendizaje
creativos e inventivos de las ciencias 221
Apéndice 235
Bibliografía 245
Prefacio
Estamos na porta dun novo século, dun novo milenio, diante
de novas inquedanzas, novas respostas, novas metas. A novidade é, precisamente,
un dos criterios seguidos por Guilford e por Torrancepara defini-lo pensamento
creativo. Pero este calificativo non ha abondar para xustifica-lo noso apoio
á apertura de descoñecidos e inexplorados vieiros.
A creatividade é tamén incubación, reflexión,
acción, esforzo
conxunto. Na era das tecnoloxías, das comunicacións, da
dixitalización, dos satélites, é doado caer no erro de
prescindir da creación.
Os procesos do desenvolvemento dos nosos cativos son
facilmente moldeables, e, polo tanto, a nosa responsabilidade debe levarnos
a fomentar neles actitudes positivas, tolerantes, abertas, flexibles, de cara
a conquerir resultados creativos que contribúan ó avance da
propia persoa e da nosa sociedade en constante cambio.
A educación é o eido que temos nas nosas mans para acada-lo
obxectivo amosado.
As capacidades intelectuais foron, desde sempre, obxecto
de estudio, de medida, de cuantificación, mais non ocorreu o mesmo
respecto da creatividade. Pódese dicir que este é o campo da
actividade humana menos específico, máis disperso, que só
se pode observar a través da inventiva, da innovación, da singularidade
do proceso e do producto final do suxeito en cuestión.
O neno creativo recoñécese por preguntar de seguido, polos
seus experimentos, actuacións, exploracións, cambios sorprendentes
e pola súa admirable imaxinación. Cómpre rachar con esquemas
ríxidos xa en desuso, herdados moitas veces da tradicción asociacionista
e psicométrica, que esquecen a creatividade na escola a favor do pensamento
converxente.A tendencia a pensar debilmente, a non adentrarse na solución
dos problemas, a que todo veña dado, a abusar dos medios esquecendo
os fins, xunto coa síndrome de baldeiro, que ás veces invádenos,
é un dos grandes perigos que lle pode sobrevir ó ser humano.
Calquera esforzo que alimente as fontes e recursos a favor
da semente e do cultivo do pensamento creativo nas nosas escolas, e, en xeral,
en tódolos axentes educativos, é de todo necesario. Por tal
motivo, as institucións e organismos oficiais deben apoiar iniciativas
como esta obra que, recollendo a propia filosofía do pensamento creativo,
desprega e deixa voar un interesante abano de voces relacionadas coa capacidade
creativa. Este nexo é froito dun pensamento desenfadado, aínda
que coidadoso, que só unha mente
tan creativa como a do autor pode botar á luz.
Xa o di Saturnino de la Torre nunha das súas múltiples e
interesantes publicacións sobre a educación creativa: A
creatividade é algo vital, vivencial, afectivo e cognitivo da nosa
persoa e, polo tanto, non abonda con saber dela, senón que é
preciso saber actuar con ela.
Santiago de Compostela, Junio de 1999
Dr. Celso Currás
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
XUNTA DE GALICIA