|
Revista Recre@rte Nº5 Junio 2006 ISSN: 1699-1834 http://www.iacat.com/revista/recrearte/recrearte05.htm |
||
Fundación Eugenio Granell O vindeiro
Xoves 29 de Xuño
ás oito da tarde, inauguramos a exposición colectiva Pensar en
Pedra. O acto inaugural será presentado por Natalia Fernández, Directora da Fundación Granell, e contaremos coa presenza do Presidente do Padroado da Fundación
Granell, e Alcalde de Compostela, Xosé. A.
Sánchez Bugallo,así como do director
da Escola de Canteiros A Fundación
Granell, reincidindo na súa
dinámica de facer da súa institución un espazo aberto, neste caso á colaboración inter- institucional, acolle no seu espazo, a
mostra de escultura ó aire libre, na terraza do Pazo de Bendaña, Pensar en pedra,
da Escola de Canteiros de Pontevedra, que amosará o traballo escultóricos do seu alumnado. A mostra de escultura contemporánea,
estará complementada pola obra fotográfica, que
sobre o traballo da pedra en
Galiza, foi realizado pola
fotografa Conchi Rodríguez. O obxectivo
fundamental da mostra, é dar a coñecer o traballo realizado pola Escola
de Canteiros, unha institución pouco coñecida en Galiza
a nivel popular, única na súa categoría no estado,
e responsable do novo pulo que dende
os anos oitenta ten esta profesión
en Galiza, e da reactivación da escultura galega en
pedra, tanto
contemporánea como tradicional. A mostra
tentará achegarlle ó público uns trazos
do que significa ser canteiro na actualidade, unha profesión moi rica e complexa
da que se ten ,en xeral, unha percepción pobre e chea de lugares comúns. A
escola afanouse en
perpetuar e adaptar ós novos tempos, un tesouro da cultura galega como é a arte da cantería. Arte que non só se circunscribe a todo o amplo campo da chamada arquitectura popular galega realizada en pedra, senón que a cantería tamén abrangue a realización de todo
tipo de esculturas de vulto redondo, non necesariamente asociadas á arquitectura; en definitiva,
ser canteiro hoxe en día, significa pensar a pedra na súa
totalidade, e
encarar todos os problemas que suscite esta, tanto a nivel
de práctica construtiva como escultórica,
tanto no aspecto da súa realización,
como no da conservación e restauración
das obras feitas con este material. Na Fundación
Granell, vaise tentar dar
a coñecer o amplo abano de posibilidades
da arte da cantearía, saber ancestral pouco recoñecido en Galiza, con unha montaxe dividida en dúas partes. Por unha banda, a
mostra de escultura en pedra ó aire
libre na terraza do Pazo de Bendaña, xunto con unha mostra
complementaria no interior do edificio, onde
poderemos apreciara creatividade dos alumnos da escola, desenvolvida en
otros materiais distintos á pedra, xunto coa particular visión do traballo da pedra en Galiza dada pola fotógrafa Conchi
Rodríguez. Esta fotógrafa, foi convocada para que brindarnos
a súa particular visión
sobre como sepercibe a cantearía
practicada na escola dende
fora, complementando así a visión
endóxena que nos brinda o contacto coas producións dos alumnos da propia institución. Conchi Rodríguez, presenta unha escolla de obras froito da convivencia durante
varias xornadas co quefacer diario da escola, a máis dunha escolla
sobre un proxecto
fotográfico anterior, sobre os traballadores das
canteiras de Porriño, os pedreiros. A máis do indubidable valor
artístico de todas as pezas, próximas á poética da fotografía artístico documental de Sebastiao
Salgado, incluíuse nesta mostra o traballo
desta artista, por terse achegado con anterioridade o traballo da
pedra en Galiza, na devandita serie dedicada ós
pedreiros ( profesionais da canteira , que non da cantería). Este traballo, a efectos de
estrutura conceptual da mostra, faise tremendamente
oportuno, ó aclararlle ó
público a grande diferenza existente entre o traballo
de extracción e o traballo
de elaboración da pedra, correspondendo esta última
labor á arte da cantearía. Graciñas por todo Monse Cea Para
máis RECÓRDOVOS QUE AGORA TEMOS HORARIO DE
VERÁN: de Xuño a Setembro – De 9.OO a 21.OO ABERTO ININTERRUMPIDAMENTE : de Luns a Sábado Martes e festivos pechado Domingo de 11.OO a 14.OO
|
||
|